fundacion Filomena Rivero Alonso dende 1999

Fundación

No ano 1999 Josefa Carreira Rivero decide crear unha Fundación coa fin de perpetuar o labor social que viña exercendo desde facía tempo. O nome elixido para a mesma sería o da súa nai Filomena Rivero Alonso, da que se gardan entrañables recordos na vila de Redondela pola súa bondade e xenerosidade. Así pois, a Fundación Filomena Rivero Alonso é presentada ante a Xunta de Galicia que nese mesmo ano a clasifica como benéfico-asistencial por orde da Consellería de Presidencia e Administración Pública e decláraa de Interese Galego por orde da Consellería de Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Josefa Carreira ostentou a Presidencia ata o ano 2010 cando delega o posto a Gracia Regojo Bacardí, pasando a fundadora para ser vogal da Fundación ata o seu falecemento no ano 2013.

A partir de entón a entidade aumenta o seus recursos como herdeira da mesma.

Na actualidade buscáronse outras vías de financiamento, ademáis do propio capital, como a firma de convenios con diferentes entidades.

Seguinte

A fundadora

Josefa Carreira Rivero viviu gran parte da súa vida acompañada de amizades, exercendo un intenso labor social na Vila de Redondela como o facía con anterioridade a súa nai Filomena Rivero Alonso. Orfa de pais e única supervivente de catro irmáns, leva adiante o proxecto da Fundación na que traballou desinteresadamente ata o seu falecemento. Hoxe a entidade, de acordo aos novos tempos, segue desenvolvendo un amplo programa de actividades seguindo en esencia os obxectivos marcados pola súa fundadora.

Seguinte

Padroado

Presidenta: Gracia Regojo Bacardí

Vicepresidenta: Alejandra Regojo Otero

Secretario: Telmo Crespo Tojeiro

Vocais: María Luz Iglesias Fernández

Agustín Sobral Crespo

María Pilar Bernárdez Vidal

Faustino Castro Sanjorge

María Rita Regojo Velasco

Seguinte

Obxectivos

Traballamos cada día seguindo o artigo 4º do Título II dos  propios Estatutos da Fundación:

A Fundación ten por obxecto a axuda á formación e educación integral de persoas de Redondela, así como do resto de localidades e provincias españolas; obras asistenciais para os mesmos, e a axuda aos pobres do terceiro mundo.

O Padroado terá plena liberdade para determinar as actividades da Fundación, tendentes á consecución daqueles obxectivos concretos que, a xuízo daquel e dentro do cumprimento das súas fins, sexan os máis adecuados ou convenientes en cada momento.

Seguinte

Actividades

O noso programa de actuación abarca diversos campos. Colaboramos con outras entidades sociais co financiamento dos seus programas pero tamén desenvolvemos o noso propio, seguindo como obxectivo a formación integral da persoa. Consolidamos programas de promoción da lectura, da cultura en xeral e de integración social, en convenio con entidades públicas e privadas, e patrocinamos eventos deportivos desenvolvidos por nós mesmos coa colaboración de voluntarios e/ou outras entidades.

Baseámonos no artigo 5º do capítulo II dos estatutos que di:

Para a consecución das fins mencionadas no artigo anterior, a Fundación pode realizar, entre outras, as seguintes actividades:

a) Actividades de tempo libre como marchas, campamentos, etc.

b) Organización de cursos, conferencias, seminarios, concursos ou coloquios sobre temas de maior interese, e toda clase de manifestacións análogas; así como a promoción, financiamento e produción de obras literarias, publicacións, etc.

c) Dotación de bibliotecas destinadas a un grupo numeroso ou indeterminado de beneficiarios.

d) Colaborar con aquelas entidades que contribúan mediante as súas actividades á formación así como prestar axuda a quen non conte cos recursos necesarios para acceder a ela.

e) Exercer as actividades económicas precisas para o cumprimento das fins.

f) E, de modo xenérico, levar a cabo cantas actuacións sexan conducentes ao mellor logro das súas fins.

Seguinte

Cóctel solidario

Todos os anos organizamos un acto cultural con fins a beneficio de persoas necesitadas. Trátase de conferencias sobre temas diversos que culminan cun cóctel solidario.

Desde que empezamos con esta actividade colaboraron connosco persoas vinculadas a diferentes campos como a moda, a arte,o xornalismo, a medicina… Un acontecemento social que aumenta a súa repercusión cada ano. Teñen colaborado entre outros Covadonga O´Shea, Laura Ponte, Miguel Palacio, Pedro Mansilla, Paloma Gómez Borrero, Enrique Loewe, Enrique Rojas, Bieito Rubido,Beatriz de Orleans ou Gabriele Finaldi, Director de The National Gallery of London.

Contacto

Para poñerte en contacto connosco podes escribirnos por correo postal ás nosas oficinas situadas na Rúa José Regojo nº2-3ºA Código Postal 36800 de Redondela(Pontevedra) ou ben por correo electrónico a seguinte dirección: